publicidade hoxe

O BNG A Estrada-Deza mostra o seu apoio á Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAgoladaCerdedoDozónForcareiLalínRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

O BNG A Estrada/Deza quere facer público o total apoio á mobilización convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego que terá lugar o vindeiro venres 17 de Xullo en Santiago de Compostela. Porén, realizan un chamamento á participación da cidadanía de Deza e Tabeirós-Montes co fin de defender o noso principal medio de vida.

O BNG é consciente da grave situación do sector, logo de desaparecer o sistema de cotas, liberalizarse salvaxemente o mercado e desembocar nunha total indefensión d@s productores coa falta de intervención do goberno da Xunta e o Central, o que fomentou unha especulación sen límites chegando mesmo a estabilizar unha situación de pagamento do leite moi por debaixo dos seus custos de produción e incluso a advertencia de non recollida do mesmo, ante unha situación que afecta a milleiros de explotacións en todo o País e centos na Comarca. 

É por isto polo que como organización política que sempre estivo ao carón da xente, mostran a súa adhesión a todos os afectados e seguirán pulando coa presentación de propostas alternativas á inacción gobernamental actual na defensa do sector, polo que deste xeito tamén requiren de organizacións e cidadáns, sen exclusións,  para que a Comarca, potencia produtora de leite de vacún en todo o País, se emprace a Plataforma en Defensa do Sector dun xeito aberto e plural como ferramenta de proximidade a todos os produtores como punto de debate e encontro para atoparmos unha saída a esta severa crise, que de continuar polo mesmo carreiro leva a deixar ferido definitivamente o sector e pór en risco a pervivencia do noso medio rural. 

15 de xullo de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.