Novo roubo no punto limpo de Silleda

Danos no punto limpo
O punto limpo de Silleda ubicado no lugar de Vilanova vén de rexistrar un novo roubo. Esta mañá, a persoa encargada de atender ao público no recinto (que abre os mércores e sábados pola mañá) atopouse cos danos e desperfectos dun novo roubo.
Os asaltantes levaron ata a porta de acceso da oficina destas instalacións municipais. Tamén accedero á zona onde se apilan electrodomésticos para levar distintos enseres (microondas, lavadora…)
A diferencia de outras ocasións, coa rotura e sustracción da porta da oficina ocasionáronse numerosos danos materiais.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Silleda e da Garda Civil e dende o Concello efectruarase a correspondente denuncia.











