publicidade hoxe

Nespereira celebra as súas festas da Virxe do Carmen este fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A parroquia de Nespereira, no Concello de Pazos de Borbén, celebra este fin de semana as súas festas patronais en honra á Virxe da Carmen. Os festexos están divididos en tres xornadas nas que destacan as clásicas procesións nas que se engalana á santa ademais das dúas verbenas nocturnas. Todas as celebracións contan cunha zona de aparcadoiro habilitada para facilitar o acceso á celebración a todos os veciños e visitantes.

Os actos comezarán o venres pola noite coa primeira verbena do fin de semana a cargo do trío 3.Com e a orquestra Xacobeo. O sábado pola mañá a Banda de Música Vilanova de Arousa chamará a todos os veciños ás celebracións co seu tradicional pasarrúas. Ás 13:00 horas celebrarase a primeira misa solemne en honra á virxe que finalizará coa clásica procesión na que os veciños, acompañados pola mesma banda musical, sacarán a imaxe da santa aos ombreiros pola contorna da igrexa. Pola noite terá lugar a gran verbena que contará coa animación musical delas orquestras Compostela e Miramar.

O domingo 19 a Agrupación Musical RiasBaixas será a encargada de renovar a celebración co seu pasarrúas. A partir das 11: 00 da mañá, percorrerán a parroquia animando aos veciños co seu amplo repertorio de cancións populares. O percorrido finalizará na igrexa parroquial onde se celebrará unha misa en honra á patroa e a consecuente procesión. 

15 de xullo de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.