Joaquín Moeckel diserta en Riveira sobre a posición dos adolescentes nos procesos de divorcio

Joaquín Moeckel en Riveira
O Auditorio Municipal de Riveira afronta hoxe a última xornada do curso de verán “Adolescentes e Pais en Conflito”, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. A sesión de hoxe principiou cunha ponencia impartida polo prestixioso xurista Joaquín Moeckel, do bufete Moeckel Abogados (Sevilla). Acompañado do director da UIMP, Domingo Bello Janeiro, Moeckel dedicou a súa intervención a afondar na posición dos adolescentes nos procesos de divorcio e separación e formulou distintas claves dirixidas a evitar a conflitividade.
A continuación participou a profesora titular de Dereito Civil da Universidade de Granada, Laura Gázquez Serrano, quen centrou a súa conferencia nos dereitos dos pais e as obrigas dos fillos segundo o Código Civil.
Xa pola tarde intervirá a psicóloga María Jesús Álava Reyes, directora de Apertia Consulting (Madrid), quen ofrecerá consecutivamente dúas charlas: “Cuando los adolescentes están perdidos: ¿cómo les podemos ayudar?” e “Cuando los padres están desesperados: ¿qué necesitan del psicólogo?”.
As tres claves da felicidade
Unha vez finalizado o acto de clausura, Álava Reyes ofrecerá de forma gratuíta e aberta a calquera interesado unha conferencia titulada “As tres claves da felicidade”. Será ás 20 horas no Auditorio Municipal.











