publicidade hoxe

Finalizan o curso os alumnos do Curso de Lecer e Tempo Libre da Omix do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Esta mesma mañá os alumnos que comezaron o pasado luns 6 de xullo o curso de Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Lecer e Tempo Libre, poñían punto final ás 40 h incluídas no programa Actívache 2015, que foron desenvolvendo a través da OMIX e en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, de luns a venres en horario de 09.30 a 13.30 h.

O concelleiro de Emprego e Formación, Raúl Francés, foi o encargado de realizar a entrega de diplomas explicando ós 14 mozos a importancia de “ampliar o campo laboral abríndose a novas opcións formativas que permitan unha mellor inserción no mercado profesional”. Interesouse polo traballo levado a cabo ó longo destes días e polos programas que en grupos foron desenvolvendo, así como plans de traballo que foron desenrolando baixo a supervisión da titora Montserrat Buxán Bran, Técnica en Animación Socio-Cultural.

Entre os contidos deste curso, tocáronse temas como: Animación e educación; o grupo; o xogo e os seus tipos; a figura do monitor de tempo libre, calidades e responsabilidades; deseño de proxecto de lecer e tempo libre. Un curso que aos 14 usuarios que o finalizaron sóubolles a pouco, xa que se quedaron con ganas de máis, de feito solicitaron unha ampliación do mesmo, xa que a titulación regulada consta de 200 h teóricas e 140 h de prácticas. Como toma de contacto co sector este curso é un bo inicio, aínda que coa súa realización poden traballar como auxiliares baixo a supervisión dun técnico en Animación Socio-cultural.

Montse Buxán destacou deste grupo a gran achega que cada un deles supuxo nos traballos grupais “uns mozos con moitas ganas de aprender e que funcionaron moi ben en conxunto, xa que ademáis de ser moi dinámico aportaron personalidades moi diferentes, cada unha con aspectos moi positivos”. En plano xeral destacou a súa participación e compromiso de implicación.

20 de xullo de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.