Finalizan as obras de recollida de pluviais e arranxo do camiño no lugar de Sucadiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Arranxo do camiño

Arranxo do camiño

O Concello de Riveira informa de que está semana concluíron as obras para a recollida de pluviais e o arranxo do camiño do lugar de Sucadiño, situado na parroquia de Olveira.

Para a recollida de pluviais instalouse unha tubaxe rechea pola parte superior, inferior e laterais con formigón HM-20  de 30 centímetros de ancho ao longo de 24 metros. Posteriormente para a adecuación do camiño pavimentouse unha superficie de 1.050 metros cadrados con aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 de catro centímetros de espesor.

A empresa encargada de realizar esta actuación, cuxo investimento ascendeu a preto de 30.000 euros, foi Vías y Servicios Generales S.L.

22 de xullo de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.