Fenosa retira o poste situado na calzada do vial que conecta o cemiterio de Santa Uxía co lugar de Fafián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Retirada do poste

Retirada do poste

Operarios de Fenosa procederon no día de onte á retirada do poste situado no medio da calzada do novo vial efectuado polo Concello co obxecto de conectar a rúa Cristóbal Colón á altura do cemiterio de Riveira coas rúas Blanco Amor e Amado Carballo no lugar de Fafián.

Cómpre lembrar que esta rúa foi aperturada provisionalmente no pasado Nadal, á espera de que se cumprimentasen os trámites para que a compañía eléctrica retirase o citado poste que dificultaba a circulación.

28 de xullo de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.