Eva García de la Torre e parte do Goberno Municipal participan nos Premios Círculo 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Membros do goberno do Porriño nos premios CRC

Membros do goberno do Porriño nos premios CRC

O pasado sábado 4 de xullo, o Círculo Recreativo Cultural de Porriño volveu estender a súa alfombra vermella para recibir ós numerosos asistentes que acudiron á vixésimo oitava edición dos Premios Círculo. Entre os invitados a esta cerimonia acudiron, a alcaldesa de Porriño Eva García de la Torre e os concelleiros do equipo de goberno Soledad Girón e Orlando Márquez, acompañados das súas respectivas parellas e de rigorosa etiqueta, tal como marcaba a ocasión.

Deste xeito, o salón do CRC, tamén se engalanou para a ocasión para gozar dunha cea entre amigos e familiares dos premiados, que tralo café e as sobremesas, subiron ó escenario chamados pola presentadora María Díaz, que previa visualización dun video recordando a súa traxectoria, subían emocionados a recoller o seu galardón, consistente nunha recreación en pedra da Botica Nova do ilustre Arquitecto Antonio Palacios.

Así, María Freiría Cabaleiro recolleu a mención ó premio Especial, pola súa loita e impulso na creación de ACEESCA ofrecendo atención a persoas con discapacidad intelectual e ás súas familias; Antonio Giráldez Rodríguez, era galardoado co premio ó Deporte tras 14 anos como porteiro de Primeira División co Deportivo da Coruña; na categoría de Música, os premiados foron “Los Gritos”, grupo porriñés dos anos 60; na categoría de “Educación e Cultura” o galardón foi para o novo actor e cantante, Juan Antonio Carrera; e a mención ó Recordo, foille outorgada a Juana da Cruz, pola súa ampla traxectoria como modista e diseñadora.

6 de xullo de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.