Entrega de diplomas aos participantes no curso da UIMP sobre adolescentes e pais en conflito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O curso de verán “Adolescentes e Pais en Conflito” organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo concluíu no serán de onte coas intervencións do director da UIMP Domingo Bello Janeiro e do alcalde Manuel Ruiz para, acto seguido, dar paso á entrega de diplomas no Auditorio á vintena de participantes na acción, que se foron con moi bo sabor de boca ante a altura das ponencias impartidas.

Pero as actividades no Auditorio non quedaron aquí, senón que unha das relatoras do curso, María Jesús Álava Reyes, ofreceu unha conferencia de carácter aberto e gratuíto para desvelar “As tres claves da felicidade”. Numerosos veciños animáronse a participar na iniciativa.

23 de xullo de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.