Entrega de agasallos aos participantes nos campamentos de conciliación do verán en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega de agasallos

Entrega de agasallos

A concelleira de Educación de Riveira, Herminia Pouso, entregou  esta mañá os agasallos do Verán Cultural de Riveira 2015 aos nenos participantes nos Campamentos de Conciliación. Foron 112 neveiras de praia amarelas para os nenos de Xoga con Nós que teñen de 3 a 8 anos e 34 palas de praia para os nenos do Camp Of Cultural Summer que teñen de 8 a 12 anos (case 150 participantes en total). Os agasallos levan o debuxo alusivo do Verán Cultural e o escudo de Riveira.

Os campamentos arrancaron o 1 de xullo no CEIP O Grupo de Riveira e prolongaranse ata o 31 de agosto co fin de conciliar a vida familiar e laboral das familias riveirenses na época estival. Son de carácter multidisciplinar e neles realizan todo tipo de actividades baixo a temática xeral do NOSO MAR: pesca, especies mariñas, aparellos, zonas turísticas, praias, festas mariñeiras, patrimonio marítimo, parque dunar, parque nacional Illas Atlánticas, flora e fauna dende a perspectiva transversal do respeto e protección do medio natural, a igualdade de xénero e a promoción patrimonial e turística do noso Concello, con dinámicas de divertimento e xogo ademáis de reforzó educativo, dinamización lectora, audiovisual, manualidades, actividades predeportivas, etc.

Nos quince días que levan nos campamentos xa realizaron varios obradoiros de refugallo, plantación de especies vexetais, ximcanas de obstáculos ou grandes xogos de competición, promovendo a participación e interacción social, sesión de contacontos e arte dramática, etc. 

Na sesión de hoxe acompañando a Herminia Pouso tamén estiveron presentes os técnicos municipais de Cultura Unai González e Segundo Chiki Durán.

15 de xullo de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.