Cortada a A-8 entre Mondoñedo e Abadín en ambos os dous sentidos
A autovía A-8 volve estar cortada por néboa entre Mondoñedo e Abadín, en ambos os dous sentidos, dende a 1,21 horas deste xoves. Segundo indica a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) na súa páxina web, está cortada entre os quilómetros 536 ao 552, entre Mondoñedo e Abadín, en ambos os dous sentidos.
Durante este mes de xullo, non foi a primeira vez que a Dirección Xeral de Tráfico pechou ao tráfico esta autovía, para a que o Ministerio de Fomento estuda solucións técnicas co fin de evitar os constantes peches que sofre.