Comezan a funcionar os aparcamentos disuasorios gratuítos de Abesadas e Cristobal Colón

Aparcadoiro de Abesadas
Nas últimas horas da tarde de onte entraban en funcionamento os dous aparcamentos disuasorios de carácter gratuíto que o Concello de Riveira vén de implantar na cidade, en dúas parcelas alugadas pola entidade local no barrio de Abesadas (lindando con Cubeliños) e na rúa Cristóbal Colón (xunto ao cemiterio).
Esta iniciativa, que está recomendada polo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), supoñen case 8.500 cadrados de superficie de aparcamento a disposición dos usuarios: 3.045 na parcela de Cristóbal Colón e 5.416 metros en Abesadas, se ben neste último espazo por agora está acondicionado o 60% e o resto se acometerá nunha fase próxima.
Rosalía de Castro
Unha vez que xa están en funcionamento os dous aparcadoiros, e tal e como se manifestou no pleno ordinario do pasado luns, unha acción posterior que ten previsto poñer en marcha o Concello é a habilitación de zona azul gratuíta por unha das bandas da rúa Rosalía de Castro. Con esta medida búscase contribuír a dinamizar unha zona de gran actividade comercial.











