publicidade hoxe

Comerciantes e Concello do Porriño preparan unha nova edición de “Merca na Rúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Reunión de Merca na Rúa

Reunión de Merca na Rúa

Os comerciantes e o Concello do Porriñotraballanxa na organización da próxima edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa” que se celebrará os días 12 e 13 de setembro. A Feira, que alcanza este ano a sua décimo terceira edición, celébrase na zona peatonal e atrae a numeroso público interesado polas ofertas do comercio local. 

A organización de “Merca na Rúa” foi un dos temas tratados na Mesa Local de Comercio celebrada onte, que entre outros asuntos procedeu á modificación dos membros que a constitúen. A Mesa estará presidida polo concelleiro de Comercio e Industria, Marcelino Coto; Noelia Conde, xerente de ACIPOR, será a secretaria e Juana Pérez, Presidenta de ACIPOR, Eugenio Fernández representante da Xunta de Galicia, e o concelleiro de Mercados e Prazas, Orlando Márquez, vocais. 

“O noso obxectivo é dinamizar e modernizar o comercio”, destacou  Marcelino Coto. O concelleiro subliñou o papel da Mesa Local de Comercio coma “foro de debate plural onde consensuar as políticas para promocionar a actividade comercial do municipio”. 

31 de xullo de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.