Chenlo celebra a “VII Festa do Cabrito ó Espeto” este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Porriño
A-
A+

O próximo domingo, 2 de Agosto, a Entidade Local Menor de Chenlo celebrará a  sétima edición da Festa do Cabrito ó Espeto.  Como ven sendo habitual cada primer domingo de agosto, o campo de fútbol en Chan da Carreira acollerá esta festa gastronómica que, grazas á implicación e traballo de todos os veciños de Chenlo, conseguíu postularse xa como un referente na comarca e na provincia.

Chenlo conta con repetir o éxito acadado nas anteriores edicións e recibir a máis de 2000 persoas. Así o explicaron esta mesma tarde os membros da organización no acto de presentación do evento que se celebrou na Casa Cultural de Chenlo, ó que asistiron M. Alejandro Lorenzo, alcalde pedáneo da ELM e os restantes membros da corporación da entidade, así como os membros da Organización do Cabrito ó Espeto. Durante o acto estiveron  acompañados por varios concelleiros da corporación local de O Porriño e números veciños que como cada ano, se deron cita para presentar unha festa que na parroquia se vive con gran intensade.

O alcalde pedáneo, M. Alejandro Lorenzo, quixo invitar a todo o mundo a “acercarse a Chenlo este domingo e disfrutar con todos nós desta festa que xa é  patrimonio cultural de todos os veciños de Chenlo” e agradecer “ós membros da organización e ó total dos veciños o seu traballo e implicación neste días, sin eles esto non sería posible”

A organización prevé asar este domingo uns 100 cabritos, ademáis de 200 quilos de churrasco. Os precios das racións non variarán dos do ano asado,  sendo de 20 euros por cada ración de cabrito, 20 euros por ración de churrasco, 180 un cabrito enteiro e 90 euros medio cabrito. Todas as racións inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e rosca.

A partires das 11.00 horas comezará a degustación de pinchos e a actuación dun grupo de gaiteiros, mentres se asan os cabritos que se degustarán na comida popular que terá lugar ás 13:30 horas. Haberá ademáis moitos agasallos e sorpresas,  e sortearase un cabrito dos Cabreiros, nunha xornada que estará amenizada polo grupo 3.COM.

As reservas poden  realizarse ata mañá,  31 de xullo,  chamando ao teléfono 647 142 782. Dende a organización afirman que se tratará de atender, na medida do posible, as demandas no propio día, pero debido ó tempo de preparación do prato recomendan a inscripción previa.

Por outra banda, coincidindo con esta festa, o sábado se celebrará a “I Ruta Cabalar de Chenlo”, con saída ás 16:330 horas.

30 de xullo de 2015 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.