As áreas de Benestar Social de Silleda e de Lalín promoverán accións conxuntas
Hoxe celebrouse en Silleda unha xuntanza entre os responsables dos departamentos de Benestar Social de Silleda e de Lalín, Pili Peón e Nicolás González Casares, á que asistiron tamén técnicos municipais dos dous Concellos. Este primeiro encontro foi para abordar a promoción de accións conxuntas no ámbito dos Servizos Sociais, un departamento prioritario para ámbolos dous gobernos municipais.











