Apertura da Feira do Libro Novo de Riveira

Feira do Libro de Riveira
A escritora Yolanda Castaño foi a encargada de dar na tarde de onte o pregón inaugural da primeira edición da Feira do Libro Novo de Riveira: un acto que contou coa presenza e participación do alcalde Manuel Ruiz; da coordinadora xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira; e do vicepresidente desta mesma entidade, Xosé Antón Pedreira, con acompañamento musical do grupo tradicional O Rueiro dos Fillos de Palmeira.
A feira prolongarase na praza do Concello ata o vindeiro domingo 19 de xullo, con participación das librarías Pedreira, Aenea, Ler e Cartabón, así como A Serpe Edicións, ademáis de haber unha biblioteca e un ágora de actividades co seguinte programa:
Día 17. Venres.
13.00 Actividade infantil. Obradoiro de marcapáxinas por Cucarandainas.
19.30 Contos de animais para nenos animados por As Garabullo.
20.30 Presentación do libro Faustino Rey Romero, un evanxeo bufo, do escritor Xosé Ricardo Losada, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan Manuel Cartea y Manuel Bragado.
Día 18 Sábado.
13.00 Actividade infantil. Obradoiro de elaboración de gominolas naturais por Carmen Freire.
19.30 Contos susurrados por Fátima Fernández.
20.30 Presentación de libro a cargo do seu autor, José Vicente Domínguez.
21.30 Falando con Palmeira. David Pobra autor de Liña azul conversara sobre o detective Palmeira.
Día 19. Domingo.
13.30 A escritora María Canosa Blanco fará a presentación do seu libropara nenos/as Rubicundo, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 Actividade infantil. Ximnasia da imaxinación por Anxo Moure.
20.00 O humor na feira do libro. Historia da corripa e outros romances. Divertido monólogo do humorista Lois Pérez.
21.00 Presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, do escritor Antonio Reigosa, con Quico Cadaval, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
Hoxe pola tarde estará aberta entre as 18.30 e as 22.30 horas, en tanto que mañá e pasado mañá farao de 12 a 14 horas. Hai un desconto do 10% sobre o prezo dos libros.











