publicidade hoxe

A Xunta reforzará a súa colaboración cos concellos para mellorar a seguridade e a xestión das emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaGuitirizLugoMonforte de LemosRibadeoSarriaVilalba
A-
A+
Alfonso Rueda na entrega de vehículos

Alfonso Rueda na entrega de vehículos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta maña de cinco novos vehículos aos corpos de Policía Local dos concellos lucenses de Burela, Guitiriz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria e Vilalba. O acto tivo lugar na Delegación da Xunta en Lugo e está previsto que esta semana se complete a entrega deste tipo de vehiculos a varios concellos da provincia de Ourense. Así grazas a esta importante dotación, preto de medio cento de concellos galegos melloraran os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais e polo tanto poderán prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía.

Segundo manifestou Rueda, tratase dun novo exemplo de colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos para ofrecer o mellor aos cidadáns, neste caso no ámbito da seguridade e das emerxencias. E incidiu unha vez máis na importancia da colaboración e da cooperación entre as distintas administracións, especialmente cando se fala de seguridade e de xestión das emerxencias, “que é cando os cidadáns máis o necesitan e máis no lo esixen”.

Outros dos exemplos do frutífera que é esta relación e das vantaxes de cooperar entre Administracións son os parques de bombeiros comarcais, a formación na Academia Galega de Seguridade Pública, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal ou os voluntarios de Protección Civil.

Os novos vehículos entréganse ao abeiro dunha orde de axudas en concorrencia competitiva dotada con máis de un millón de euros que lles vai permitir contar aos concellos galegos con case 50 coches e máis de 25 motocicletas para as súas policías locais.

27 de xullo de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.