publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A V Regata Cabos do Norte Gran Premio Coreti dispútase este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSada
A-
A+

Este próximo sábado a partir das 13:00 horas e se o tempo o permite, dará comezo nas inmediacións do porto de Sada a esperadísima Regata Cabos do Norte Gran Premio Coreti de Cruceiros na súa V Edición que organiza o Club Náutico de Sada co patrocinio da firma de etiquetaxe industrial  Coreti e a colaboración da Mariña Varadero de Sada.

A regata, como é tradicional, partirá de Sada para chegar até a Illa da Coelleira, xa en augas do Cantábrico, que se virará deixándose a babor e regresando a Sada novamente. Un percorrido dunhas 105 millas náuticas (195 Km.), que a converte na proba máis longa do panorama náutico galego e unha das maiores de toda a península.

A previsión meteorolóxica esta vez é moi aceptable, xa que están previstos ventos do E-NE con intensidade variable entre os 12 nós do principio e os 22 de máximo que se preveen á primeira hora do domingo, se é que os barcos non finalizaron xa na súa totalidade a esa hora ou probablemente poidan estalo facendo. É dicir, un rumbo de cinguida até a Coelleira e de popa e longo no regreso a Sada, co cal, todos os participantes terán a súa oportunidade aínda que as súas características sexan mellores con ventos de proa ou de popa.

Difícil vano a ter os participantes entón para bater a marca da proba que até o momento está poder do MIRFAK cun tempo de 14 horas, 59 minutos e 17 segundos, xa que os ventos do norte serían os máis favorables para iso.

A regata poderá verse nesta ocasión en directo mediante un sistema de seguimento en tempo real en calquera computador ou teléfono con internet.

E o domingo pola tarde ás 19:00 horas será a entrega de premios no Club.

Lembremos que os vencedores na anterior edición foron

Categoría ORC-A,  LOSQUEADA de Francisco Edreira polo C.N de Sada

Categoría ORC-B,  RAYGRASS de Tom Nuñez, Club Marítimo Carrumeiro .

Categoría A-DÚAS,  G-10  de José Naya, Comisión Naval Regatas Ferrol

Categoría en solitario, LONESTAR de Óscar  González, independente.

15 de xullo de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.