publicidade hoxe

A unidade móbil de ITV agrícolas visitará Pazos de Borbén o 27 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Unha Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará instaladael día 27 no Torreiro de festas de Amoedo, en horario 9 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas, para atender aos veciños de Pazos de Borbén que necesiten certificar o bo estado dos seus vehículos agrícolas. Un servizo que pretende aforrar aos interesados as molestias e os custosos e perigosos viaxes que implicaría levar os seus tractores ás estacións fixas habituais.

Os controis realizados por este servizo móbil non difiren dos realizados en calquera outra estación de ITV polo que a validez da certificación obtida é a mesma que nunha estación permanente. Aqueles veciños que estean interesados en pasar a inspección técnica no seu vehículo agrario nesta estación móbil deberán solicitar cita previa no teléfono 902 309000 ou na web www.sycitv.com.

A revisión periódica destes vehículos agrícolas, ademais de ser obrigatoria,supón unha importante medida preventiva en favor da seguridade dos usuarios destas máquinas que, por desgraza, son obxecto de frecuentes accidentes. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles data e hora, segundo a dispoñibilidade do servizo, directamente na estación móbil.

Coa instalación da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas en Amoedo, o Concello de Pazos de Borbén pretende favorecer a proximidade e o mellor acceso de todos os veciños aos servizos comunitarios á vez que se evitan desprazamentos incómodos que resultan, á vez, custosos para os usuarios.

21 de xullo de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.