publicidade hoxe

A segunda edición de Porrigalia celebrarase por decisión popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Porriño
A-
A+
Presentación de Porrigalia

Presentación de Porrigalia

O Concello do Porriño decidiu dar continuidade a Porrigalia, xa que tal como manifestaba esta mesma mañá a alcaldesa Eva García de la Torre, “o que funciona tense que repetir e consolidar e aínda que non houbese nada preparado, organizamos unha programación moi atractiva co obxectivo de que a xente o pase ben”. Así presentaba esta mañá a segunda edición de Porrigalia no salón de plenos, acompañada do concelleiro de Cultura, Raúl Francés; Salomé Domínguez, en representación de Xquatro; o presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández; a xerente de ACIPOR, Noelia Conde; así como representantes das distintas asociacións culturais e deportivas do Porriño

Precisamente este ano, “adicamos a Grecia, por motivos evidentes, esta festa dende a perspectiva lúdica e festiva, facendo un guiño a este país pola situación que atravesa actualmente”, apuntaba a alcaldesa engadindo “intentamos correxir algunhas cousas con respecto á edición anterior; a primeira, non solapar outra festa; a segunda, reducir nun 60% o custo, sen restar entretenemento; e terceira, que todo O Porriño de Norte a Sur poida ser partícipe desta festa e divertirse ó longo e ancho do núcleo urbán”.

O concelleiro de Cultura, Raúl Francés, afirmaba que “estamos diante dunha festa reclamada polo vecindario e que se realiza coa colaboración de todas as entidades asociativas do municipio, sen a súa implicación sería imposible que cumprise o seu principal obxectivo, a dinamización da nosa vila”.

Esta festa durará tres días coa pretensión de resaltar os xogos olímpicos “que implican a reunión de países, culturas, xogo limpo e diversión”, puntualizaba Francés. Do mesmo xeito que Grecia ten o seu monte Olimpo, Porriño ten o seu Faro de Budiño, un lugar co que os porriñeses nos sentimos moi identificados; é por iso que dende este lugar sairá a chama olímpica que, a través de relevos, chegará á Praza Arquitecto Antonio Palacios, onde será recibida polo pobo grego cun Flash Move ó estilo do filme “Zorba, o grego”.

 

16 de xullo de 2015 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.