A Policía Local do Porriño acode ó campamento de verán de San Salvador de Torneiros

Policía Local do Porriño na visita ao campamento
Os nenos que acoden ó campamento de verán que se desenvolve na AAVV San Salvador de Torneiros, recibiron esta mañá a visita da Policía Local de Porriño, na que tomaron contacto cos axentes, que lles explicaron cales son as súas tarefas fundamentáis, ós cales realizaron numerosas preguntas.
Este campus, xestionado polo director e monitores de tempo libre -Fran Martínez, Andrea Pérez e Goretti Lorenzo, respectivamente- conta con 30 usuarios, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Dende as 09.00 h ata as 14.00 h, os nenos realizan distintas actividades como, manualidades, artes escénicas, deportes, sendeirismo, obradoiros de igualdade, visitas de todo tipo…
Dentro desta programación, a visita realizada polos axentes da Policía Local asináronlles hoxe, coa colaboración de Protección Civil do Porriño, a recoñecer algúns dos sinais de tráfico máis habituais. Tamén comprobaron cómo funcionan algúns dos medios materiais dos que dispoñen a diario e, o que máis lles gustou sen ningunha dúbida, foi como actúa a cadela policía Kidá -unha femia Pastor Belga Malinois de 2 anos- nun control policial; xa que está adestrada na detección de heroína, cocaína, hachis e marihuana.
Eva García de la Torre destaca a importancia de que “os nenos comecen a familiarizarse canto antes cos principais sinais de tráfico; unha correcta educación vial é fundamental, xa que despois son eles os que anecdóticamente corrixen ós seus pais cando van ó volante”.
A regidora local destaca outro aspecto importante deste tipo de actividades que desenvolve nosa policía, “a toma de contacto directo na que se reforza a idea de que os axentes están para axudar ó cidadán e non só para sancionar”.











