A Policía Infantil de Riveira celebra o seu 20 aniversario

Policía Infantil de Riveira
A Policía Infantil de Riveira alcanza este ano o seu vixésimo aniversario cunha nova promoción na que participan un total de 27 rapaces: 24 axentes e 3 monitores.
O alcalde Manuel Ruiz, acompañado do concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Ruíz Lampón, recibiu a esta promoción no salón de plenos do Consistorio, nun acto que tamén contou coa presenza do oficial da Policía Local José Andrés Alonso Paz, e de numerosos pais e nais e familiares que quixeron estar presentes no acontecemento.
Os integrantes da Policía Infantil terán ocasión mañá mesmo de exhibir o seu bo facer con motivo da celebración da misa do Carme na lonxa de Riveira (seis da tarde) e posterior procesión marítimo terrestre.
Entrega de credenciais
Os representantes municipais fixeron entrega dos seus carnés a cinco novos axentes da 20ª promoción (Beatriz Romano Gude, Iván Dios Oujo, Alba Pena Blanco, Rubén Martínez López e Celia Blanco Pérez) e dous da 19ª (Lucía Torres Paz e Irene Parada Lustres).
Exercen de monitores Jenni Tesón Pérez, Janire Suárez Rodríguez e Suliman Chhain. O resto de membros do corpo son María Elena Hermida Zapata, Anxo Pena Blanco, María Maceiras Pérez, Lara Santos Luengo, Ana Dios Pereira, Álex Lages Brión, Kamal Chhain, Iria Martínez Crujeiras, Ana María Ben Miniño, Lara González Rey, Carla González Arestín, Ainhoa Pérez Argibay, Cristian Dios Oujo, Brais Abraldes Prol, Unai Brión Cameán, Dominik Baptista Quintela e Alejandro Lema Vila.











