A parroquia de Cira celebra a súa sardiñada este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Comisión de Festas da parroquia de Cira celebra este domingo día 5 a tradicional sardiñada na localidade. A cita celebrarase na Xunta dos Ríos a partir das 14.00 horas, con sesión vermú amenizada por un grupo de música tradicional. O xantar está composto de empanada, churrasco, sardiñas, postres, café e licores, a un prezo de 18 euros (os menores de 12 anos non pagan).

A sobremesa tamén estará amenizada polo grupo tradicional. As persoas interesadas en asistir poden anotarse en Casa González de Cira.

2 de xullo de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.