publicidade hoxe

A OMIX do Porriño inicia unha acción formativa de Lecer e Tempo Libre enmarcada no programa Actívate 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A concellería de Xuventude do Concello do Porriño, a través da oficina da OMIX e en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, acaba de iniciar a segunda acción formativa incluida no programa Actívate 2015.  Este curso está dirixido a mozos do noso Concello con idades comprendidas, preferentemente, entre os 16 e os 35 anos, que participarán no curso Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Lecer e Tempo Libre, que daba comezo no Multicentro de Torneiros onte luns, 6 de xullo e cunha duración total de 140 h, repartidas de luns a venres de 09.30 h a 13.30 h.

Esta é unha materia importante que se sitúa no sector do tempo libre educativo infantil e xuvenil, cun marcado interese de inserción laboral en centros cívicos, centros infantís, centros culturais, clubes, centros de tempo libre e asociacións ou agrupacións de tempo libre educativo, casas de mocidade, colonias urbanas, ludotecas, albergues, terreos de acampada e campamentos, casas de colonias, granxas-escola, aulas e escolas de natureza, en contornas comerciais, centros escolares, transportes infantís e xuvenís, asociacións, campos de traballo ou intercambios xuvenís, entre outros.

Montserrat Buxán Bran, será a encargada de desenvolver os contidos desta actividade formativa, é Técnica en Animación Socio-Cultural, en Intervención Social con colectivos socialmente excluidos e conta con máis de 10 anos de experiencia como formadora, responsable e coordinadora da área de lecer e tempo libre.

 

7 de xullo de 2015 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.