A conflitividade entre adolescentes e pais nun curso da universidade internacional Menéndez Pelayo en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Riveira viviu esta mañá o comezo dun novo curso de verán organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Se a pasada semana celebrábase unha acción dedicada á criminoloxía e psicoloxía xurídica, nesta ocasión a temática reside nos adolescentes e país en conflito.

O curso foi inaugurado nun acto que contou coa presenza e intervención de María Paz Bermúdez, directora do encontro; María Teresa Ramiro, secretaria do mesmo; e o alcalde Manuel Ruiz.

Un total de doce ponencias integran a iniciativa, con 22 alumnos matriculados. 

Así, para o día de hoxe están programadas conferencias como a ruptura en parella como fonte de conflitos entre proxenitores e fillos (a cargo de Francisca Fariña, catedrática de Psicoloxía Xurídica da Familia e o Menor da Universidade Santiago) ou as claves para que os nenos e mozos poidan superar un trauma complexo (por José Manuel Morell, director da Escola Nacional de Formación – Academia SOS Aldeas Infantiles SOS-España). 

O curso prolongarase ata este mércores 22 (achégase programa completo en documento anexo) 

As tres claves da felicidade

Unha vez concluído, e de forma gratuíta e aberta a calquera interesado, a prestixiosa psicóloga María Jesús Álava Reyes, directora de Apertia Consulting-Madrid, impartirá unha conferencia titulada “As tres claves da felicidade”. Será ás 20 horas no Auditorio Municipal.

20 de xullo de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.