A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra propón a adxudicación de tres vivendas da SAREB no Porriño e en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoPontevedraVigo
A-
A+

A Comisión Provincial de Vivenda da provincia de Pontevedra propuxo, na reunión celebrada hoxe, a adxudicación de tres vivendas cedidas pola SAREB a outras tantas familias en situación de emerxencia residencial. Dúas das vivendas están emprazadas no concello de Vigo e corresponden a unha familia afectada por execución hipotecaria e outra a un caso de impago de alugueiro, tratándose dunha familia en risco de exclusión social.

A terceira das vivendas, cuxa adxudicación propón a Comisión Provincial, está emprazada no concello do Porriño e adxudicarase a unha familia en risco de exclusión. Con estas son dez as vivendas propiedade da SAREB adxudicadas en Galicia, das que oito corresponden á provincia de Pontevedra e dúas á da Coruña.

15 de xullo de 2015 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.