A alcaldesa do Porriño entrega os diplomas ós novos monitores de fútbol base
A alcaldesa do Porriño entregou onte os diplomas ós novos monitores de fútbol base que finalizaron o curso organizado pola Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores, en colaboración co Concello do Porriño.
Eva García de la Torre agradeceu ós 26 alumnos “o traballo que realizarán na formación de xóvenes e nenos transmitíndolles os valores asociados á práctica deportiva, como son o esforzo, a superación, a perseveranza, o respecto, a solidaridade e o compañeirismo”. A alcaldesa do Porriño engadiu que por este motivo o Concello “está a dar un importante apoio ás escolas deportivas e ó deporte base”.
No acto de entrega de diplomas tamén participaron o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, e o Director do curso de monitores, José Luís Mosquera. Este é o segundo ano que o curso celébrase no Porriño coa colaboración do Concello.
“Trátase dun curso intensivo de 65 horas de duración, distribuídas no último mes e medio”, explica Jose Luís Mosquera. “O do Porriño é un dos cursos con maior afluencia. Hai que ter en conta ademáis que a partir do próximo mes de setembro esixirase que os adestradores de categorías inferiores teñan diplomas que os acrediten como tales”. Os alumnos recibiron formación sobre técnica, táctica, reglamento, medicina deportiva e psicoloxía aplicada.