A alcaldesa do Porriño anuncia una nueva ordenanza de tasas da basura
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, manifestou á directiva da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de Industria da Granxa a súa intención de “alcanzar un acordo satisfactorio para todos” respecto ao contencioso sobre a ordenanza que regula as taxas do lixo, dado que unhasentenza acaba de declarar nula “por arbitraria” a ordenanza aplicada polo anterior goberno.
Na reunión celebrada esta mañánasinstalacións da entidade na Granxa, Eva García de la Torre anunciouaos empresarios que “queremos consensuar con todos, coas asociaciónsempresariais e os partidos políticos, unha nova ordenanza das taxas de lixos”.
A alcaldesataménabordoucos empresarios “a posta en marcha dun plan de transporte metropolitano que deaservizoás necesidades de comunicación dos polígonos industriais, dado que o plan de transporte metropolitano da Xunta únicamente trataba de trasladar aosconcellos as cargas financeiras que lle correspondían á propia Xunta”, denunciou Eva García de la Torre. “Nin se contemplaron as necesidades de frecuencias e de liñas, nin se rompía o illamento entre as parroquias co centro urbano, cos polígonos industriaisou con Vigo”.
Na reunión cos empresarios da Granxatratáronseademaisoutrascuestións de interese para as empresas da zona como a señalización vertical e horizontal, e medidas preventivas para evitar inundacións no inverno. Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Granxa, valorou “moi positivamente a participación da alcaldesa na reunión dos empresarios para superar diferenzas e establecer canles de comunicación e colaboración imprescindibles para mellorar o funcionamento dos polígonos industriais”. Así mesmo, solicitou do Concello do Porriño “eficiencia, seriedade e efectividade do acordado”.
O novogoberno “desexatraballar en colaboración e en diálogo permanente cos empresarios dos polígonos industriais”, destacou Marcelino Coto, concelleiro de Industria e Comercio. “Queremos abrir unha nova etapa na que potenciaremos unha relación fluída e de cooperación cos colectivos empresariais do Porriño”. Ante a directiva dos empresarios daGranxa, M. Coto recoñeceu que “a actividade industrial e a iniciativa dos empresarios son vitais para OPorriño, e o nosoobxectivo é traballar conxuntamente para facilitar a súa expansión e a creación de emprego”.











