Xornadas técnicas sobre razas autóctonas de Galicia na Semana Verde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Xornada razas autóctonas

Xornada razas autóctonas

A 38ª FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA acolleu esta tarde un programa de xornadas técnicas centradas nas razas autóctonas galega en perigo de extinción, organizadas pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga).

As dúas primeiras xornadas abordaron os procesos patolóxicos e medicina preventiva nos pequenos rumiantes, sendo o encargado de dirixilas Raúl Martínez Fernández, veterinario de SYVA. A última delas centrouse nos logotipos 100% Raza Autóctona Ovella Galega e 100% Raza Autóctona Cabra Galega, de man de Silvia Adán, veterinaria – directora técnica da Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega (ASOVEGA) e a Asociación de Gandeiros de Raza Cabra Galega (CAPRIGA).

Maña continúan as xornadas

Duante o día de mañá Boaga continuará co seu programa de xornadas, as cales versarán sobre “Alimentación de becerros: unha boa finalización”, “Prevención de Riscos Laborais no sector gandeiro”, “Efecto da produción e calidade do ovo da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial. Caracterización da canal e da carne de desvelle” e “Logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos:Somos Raza”

12 de xuño de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.