Unha exhibición pecha o curso da Escola Municipal de Patinaxe
Pasado mañá venres día 26 terá lugar no pavillón municipal de Deportes César G. Fares de Silleda a xa tradicional exhibición de fin de curso da Escola de Patinaxe de Silleda, na que participarán 110 alumnos.
A cita comezará ás 21.00 horas e contará con 16 actuacións individuais e outras 6 de grupo. A Escola de Patinaxe de Silleda é unha das máis numerosas cun total de 115 alumnas e 3 alumnos (son 118 en total). Centos de persoas veñen acudindo cada ano a esta celebración das escolas, con clases impartidas pola silledense Belén Miguez.
A concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, felicita aos integrantes da Escola de Patinaxe polo traballo realizado e a consolidación deste festival de fin de curso “no que os asistentes poderán comprobar o grande nivel do alumnado”, engade.











