publicidade hoxe

Un total de 18 nenos participaron esta semana nos campamentos de verán de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Un total de 18 nenos, de nove a quince anos, participaron esta semana no campamento de verán organizado polo Concello de Pazos de Borbén. A acampada desenvolveuse no recinto de Aldea Guntín, na localidade da Cañiza. Os participantes desenvolveron tarefas principalmente actividades lúdicas como xogos e talleres educativos, así como itinerarios pola natureza.

Os campamentos de verán pretenden contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e fomentar valores como o compañeirismo e a colaboración mediante actividades encamiñadas ao achegamento e coñecemento do mundo rural e natural, creando nas menores actitudes de responsabilidade cara ao medio ambiente, fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e a tolerancia…

24 de xuño de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.