Un total de 158 nenos están inscritos no curso 2015-2016 da escola infantil municipal de Riveira
Hoxe fíxose pública a relación definitiva de nenos admitidos na Escola Infantil Municipal de Riveira. En total, foron 158, dos cales 86 renovan praza e 72 son novo alumnado. Ninguén quedou en lista de espera. A partir de agora ábrese un prazo de confirmación de matrícula no Departamento de Servizos Sociais do Concello, dende o 1 ata o 15 de xuño. Os interesados en coñecer as listas poden acceder a elas na páxina web municipal www.riveira.es / www.riveira.gal. Dos 158 admitidos, 7 pertencen ao grupo de idade 0-1, 36 ao de 1-2 e 115 ao de 2-3.











