Un grupo de alumnos de Silleda participarán durante a Semana Verde nun programa de educación ambiental
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, en colaboración coa Concellería de Educación de Silleda, traerá ao municipio durante certame Semana Verde, o seu programa de educación ambiental e dinamización de recursos naturais dos parques naturais de Galicia.
Este proxecto está dirixido a alumnos e alumnas de Primaria e desenvolverase durante a celebración da feira silledense no stand da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, ubicado no pavillón 2 do recinto Feira Internacional de Galicia.
Dende o departamento municipal de Educación coordinouse a participación dos alumnos/as de 2º, 3º e 4º do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, que asistirán mañá xoves día 11 dende as 10.00 ás 13.30 horas, participando no obradoiro titulado “Ilustrando a natureza: especies protexidas””.
Estas actividades, totalmente gratuitas, virán a completar a formación en materia ambiental dende unha perspectiva amena e novidosa.
Tamén participarán o sábado día 13 (de 10.00 a 14.00 horas) memrbos da Asociación de Discapacitados Físicos e Písquicos de Silleda (ASODIFISI), nun obradoiro de impresión en tela de follas de árbores senlleiras e autóctonas.
Pantas aromática ou cetrería son outra das temáticas destes obradoiros, que se abrirán tamén ao público do certamen durante a fin de semana.
Concurso de redacción : Se eu fose presidente…
No marco desta iniciativa, tamén se celebrará o concurso de redacción titulado “Se eu fose presidente…”.
Trátase de que os nenos de primaria escriban unha carta ou redacción de qué cousas farían pola conservación da Natureza si fosen presidentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Haberá dous premios consistentes en senllas viaxes ás Illas Cíes para 4 persoas (un premio para nenos de entre 1º e 3º de primaria, e outro para os nenos de 4º a 6º de primaria).











