publicidade hoxe

Seis cursos para hostaleiros no programa de formación da Escola de Turismo Itinerante do CSHG o geodestino Ría Muros Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

O programa de formación 2015 da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) no geodestino Ría Muros Noia contará cun total de seis cursos formativos gratuítos para hostaleiros da comarca, dous dos cales comezarán a impartise este mesmo mes de xuño en no Edificio Grupo de Acción Costeira de Noia. Unha iniciativa que conta coa colaboración da Asociación Rural de Desenvolvemento Ría Muros-Noia, Turismo de Galicia e Xunta de Galicia.

A presentación do programa tivo lugar na tarde do pasado martes no edificio Grupo de Acción Costeira de Noia e reuniu a numerosos hostaleiros da comarca. Un encontro no que tamén se presentou o manual de Boas prácticas na Restauración. 

O primeiro dos cursos formativos que se celebrarán este mes de xuño será “Atención ao cliente en hostalería”, dirixido a persoal de establecementos hostaleiros que estean en contacto con clientes. Os alumnos aprenderán técnicas para mellorar a atención ao cliente, como tratar as queixas e reclamacións, a establecer tipoloxías de cliente… O curso terá lugar o luns 8 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, no Edificio Grupo de Acción Costeira (antiga Protección Civil) de Noia. 

O segundo curso será de “Atención ao cliente con discapacidade” e terá lugar o martes 16 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, na mesma sé. Este curso está destinado tanto a persoal en contacto cos clientes como a xerentes de establecementos hostaleiros, que estudiarán as pautas de atención a clientes con necesidades especiais no entorno dos negocios  hostaleiros, así como as tipoloxías de discapacidades. 

Outros cursos 

Os outros catro cursos formativos aínda non teñen fixada data nin lugar de celebración. Son cursos de “Hixiene e Seguridade Alimentaria en pequenos establecementos de restauración”, dirixido a persoal de cociña e xerentes de establecementos hostaleiros, que repasarán as pautas básicas de hixiene e manipulación, tratamento e conservación dos diferentes tipos de alimentos; e “Curso de Redes Sociais e Marketing On-line aplicado a establecementos de Restauración”, un curso de oito horas orientado a que xerentes de establecementos hostaleiros que queiran introducirse nas Redes Sociais para mellorar o seu negocio. 

Así mesmo, realizarase un curso de “Ferramentas de Xestión de Alimentos e Bebidas”, orientado a xerentes de establecementos hostaleiros para analizar as principais ferramentas de xestión que teñen á súa disposición; e un curso de “Xestión de Recursos Humanos en pequenos establecementos de restauración”, tamén dirixido a xerentes de establecementos hostaleiros.

A Escola de Turismo Itinerante é un instrumento do Centro Superior de Hostalería de Galicia para facilitar a accesibilidade á formación a toas as empresas da comunidade, ofrecendo unha formación a medida e adaptada á realidade de cada negocio e a súa contorna. Máis información sobre os cursos e inscricións na web do CSHG: http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/escuela-de-turismo/murosnoia. 

5 de xuño de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.