Riveira acollerá 180 actos en 30 días na cuarta edición do Xuño da Cultura e as Artes
A cuarta edición do Xuño da Cultura e as Artes traerá unha vez máis ao noso municipio unha morea de actividades coas que ofrecer un escaparate do traballo cultural, recreativo e artístico do conxunto do noso tecido social. Nesta ocasión, serán 180 o número de actos, repartidos entre os 30 días do mes que principia hoxe.
O programa foi presentado pola concelleira de Cultura, quen estivo acompañada do seu compañeiro de Deportes Juan Luis Martínez
Pisos Arnoso salientou a auxe desta ambiciosa programación, que logrou reunir a un total de 46 asociacións, ademais de 21 departamentos municipais. Ao igual que nas convocatorias anteriores, haberá actividades todos os días do mes, combinando a cultura de pequeno formato cos grandes eventos.











