publicidade hoxe

Pazos de Borbén organiza un curso preparatorio para a proba libre da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza un curso preparatorio semipresencial para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), co obxectivo de que os veciños maiores de 18 anos, que estean interesados, poidan presentarse ao exame libre que se realizará o próximo ano. Para informar a todos os veciños do prezo e condicións do ciclo programouse unha reunión o vindeiro sábado 27 na Biblioteca Municipal.

A carga lectiva do ciclo divídese en dúas partes, presencial e a distancia, polo que a iniciativa tamén está aberta a veciños que estean a traballar actualmente. As clases comezarán a partir do mes de outubro e os horarios aínda están por determinar. Para que o curso se imparta é necesario conformar un grupo mínimo de vinte persoas inscritas, aínda que no caso de que o curso comece, os alumnos interesados aínda poderían acceder ao ciclo.

Os interesados en formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

24 de xuño de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.