Os usuarios do centro de Cogami en Medelo asistirán a un obradoiro de iniciación á pesca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

As persoas usuarias e profesionais do centro de recursos para persoas con discapacidade de Medelo, centro que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI),  asisten a un obradoiro de iniciación á pesca de salmónidos, captura e solta que lles vai impartir a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda.

Un total de 19 persoas con discapacidade e 9 profesionais asistirán a esta xornada, que inicia ás 12 horas, na que aprenderán dende montar un anzol, ata manexar a sedela e lanzar a cana na lagoa artificial da Semana Verde de Silleda. Contarán con 12 canas que lles cede a Sociedade para que poidan practicar a pesca sen morte.  

10 de xuño de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.