Os edís do novo goberno de Silleda inician a axenda de reunións con colectivos e asociacións

Reunión con representantes de Xirandola
Os concelleiros e concelleiras do grupo de goberno de Silleda están integrarse nos respectivos departamentos municipais. Na toma de contacto, ademais de reunións co personal do Concello tamén se celebraron reunións con distintos colectivos e asociacións. Así por exemplo os dous responsables da Concellería de Cultura, María José Fernández e Luis Rodríguez, xa mantiveron un encontro coa directiva da Escola de Música de Silleda e da Anpa de cara á celebración do Día da Música, este sábado.
Tamén mantiveron un encontro con Maite Casal, membro da directiva da Agrupación Xirandola, que o vindeiro 4 de xullo celebrará a súa tradicional xuntanza de baile.
“Estas reunión continuarán ao longo dos vindeiros días, sobre todo no caso dos concelleiros de nova incorproación, tanto a nivel de organización de actividades como para coñecer de primeira man as necesidades dos colectivos e asociacións”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Así mesmo, a concelleira de Emprego, Industria e Comercio e Deportes, Ana Luisa González Costa, tamén ten previsto en vindeiros días manter un encontro con empresarios do polígono Área 33, e fixar tamén encontros co colectivo ECOS e con entidades deportivas.











