O Porriño acollerá a 9ª Edición do Certamen Fotográfico “Viaxando” da OMIX

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello do Porriño, a través da Oficina Municipal de Xuvetude, únese a este concurso fotográfico organizado tamén polo Espazo Xove de Tui e as oficinas da OMIX de A Garda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar e Salceda de Caselas; lugares onde á súa vez, poderanse presentar as imaxes participantes.

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre afirma que este tipo de iniciativas “espertan nos mozos a súa vea artística, facendo que o máis simple poida converterse nunha gran obra de arte. Deste xeito seguro que as fotos do verán cobrarán outra dimensión entre os afeccionados á fotografía”.

E é que a temática do concurso responderá ó título do certamen, “Viaxando”, nome que debe aparecer no sobre pechado no que se entregará unha fotografía por participante; no dorso da mesma irá escrito o nome do autor e o título da imaxe. Xunto ó sobre da foto a concurso, irá outro que incluirá, novamente, o autor escrito por fóra e, no seu interior, o nome e apelidos, dirección, teléfono e fotocopia do DNI ou Tarxeta de Residencia.

Os participantes deben reunir unha serie de requisitos que parten da base de ter unha idade comprendida entre os 12 e os 35 anos, a fotografía debe ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin seleccionada noutros concursos. Poderán ser en cor ou en branco e negro, presentaranse en papel fotográfico de 20×30, sempre pegadas sobre unha cartulina negra DIN A3 e o pazo de presentación finaliza o 23 de outubro do 2015.

O premio para a foto ganadora é dunha tablet e o fallo do xurado publicarase nos medios de comunicación a partir do 5 de novembro do 2015, ademáis de serlle notificado telefónicamente ó ganador.

As fotografías presentadas a concurso exhibiranse nunha exposición itinerante que se inaugurará o 9 de novembro ás 18:00 h no Espazo Xove de Tui, para percorrer posteriormente cada un dos municipios con OMIX colaboradoras.

Se desexan máis información sobre as bases do concurso, poden dirixirse ás oficinas da OMIX no Centro Cultural do Porriño, ou ben chamando ó teléfono 986 337 624.

30 de xuño de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.