O Día da Bici regresará a Riveira cun traxecto urbano de 9 quilómetros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

Riveira celebrará este domingo día 28 de xuño unha nova edición da tradicional Día da Bici que, unha vez máis baixo a organización do Concello e coa colaboración dos clubs ciclistas Tahume e Saltamontes, terá á praza de España como punto de saída e de chegada.

A cita arrancará ás 11 horas. Os participantes terán que percorrer un traxecto urbano de aproximadamente 9 quilómetros, cunha dificultade técnica e física baixa. Paralelamente, haberá unha xincana infantil para os máis pequeniños (esta dará comezo ás 11.30 horas e será tamén na praza de España). 

A idade mínima que a organización propón para realizar o percorrido íntegro é de 7 anos. Aqueles rapaces que sexan menores desta idade, ou que os seus pais non os vexan con forzas para facer todo o camiño, poderán tomar parte nun percorrido menor polas rúas de Riveira, ademais da citada xincana. 

Ao finalizar sortearanse diversos regalos entre os participantes, entre eles dous bicicletas (unha doada pola firma Sportbike).

Inscricións

Para participar na ruta e participar nos sorteos hai que anotarse na páxina web do Concello (www.riveira.es / www.riveira.gal) antes das 12 do mediodía do xoves 25 de xuño.

O uso do casco é como sempre obrigatorio.

22 de xuño de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.