O Concello de Silleda agradece ao colectivo Mencer novas aportacións ao Banco de Alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Pili Peón quere amosar, unha vez máis,  o seu agradecemento á asociación solidaria Mencer de Lalín, que entregou abondante froita (plátanos, peladillo e melocotón) ao Banco de Alimentos do programa Silleda Solidaria.

Estes alimentos repartiranse entre as familias con menos recursos do municipio, usuarias do Banco de Alimentos, dende onte continúa a recollida de produtos non perecedeiros nos supermercados de Silleda e A Bandeira.

“Temos que agradecer a colaboración deste colectivo de Lalín, que continúa a colaborar con nós, ao igual que moitos veciños e veciñas, establecementos, asociacións, empresas  e colectivos que están a facer achegas ao programa”, engade a concelleira.

25 de xuño de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.