O CIFP Coroso en Riveira recibirá preto de 665.000 euros de Educación para a súa ampliación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se licita a contratación da obra de ampliación do CIFP Coroso (Riveira), cun orzamento de 664.757,99 euros, unha obra cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo da actuación é dotar o centro dunha nova nave de planta baixa que albergará 2 talleres e aseos. Ao mesmo tempo, a estrutura estará preparada para a súa ampliación na planta primeira destinada a acoller despachos, por se fose necesario habilitalos no futuro.











