O cabalo coruñés Jalisco e a egua lucense Penabella gañan o concurso morfolóxico de Pura Raza Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Jalisco

Jalisco

Os exemplares Jalisco e Penabella foron, respectivamente, os gañadores das seccións de machos e femias do Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, o cal se levou a cabo esta mañá no marco da 38ª ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA, que se celebra ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

O campión en machos, Jalisco, é propiedade de Lino Freire, de Cesuras (A Coruña). No podio seguírono, no segundo posto, Bocelo, de Francisco Porto, de Melide, e no terceiro Comanche, de José María Costa, de Muras (Lugo). 

En femias a gañadora, Penabella, pertence tamén a José María Costa. No segundo posto situouse Mora VIII, de José Fandiño, de Valdoviño (A Coruña) e no terceiro Lúa VII, de Fernando Groba, de Ponteareas (Pontevedra). 

No concurso, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron 22 exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción procedentes de distinta localidades de Galicia, os cales foron xulgados polo veterinario Paulino Alonso. 

O cabalo galego, protagonista doutras actividades 

Ao longo da xornada de hoxe o cabalo de pura raza galega é tamén protagonista en moitas outras propostas do programa da feira, ademais da súa presenza en dúas exposición comercias. 

Así, os visitantes poden ver esta raza nunha exhibición de aloitadores, organizada por Puraga, e tamén nunha presentación en pista centrada na morfoloxía e a funcionalidade da doma, organizada pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego

13 de xuño de 2015 | 15:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.