Noite Aberta en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Este sábado día 13 de xuño celébrase en Riveira unha nova edición da Noite Aberta. Con este evento preténdese unir comercio, lecer e cultura nun día distinto en que os comercios permanecerán abertos ata as 22:30 h. Todos os visitantes e clientes que pasen por Riveira este sábado poderán gozar dunha chea de actividades e realizar as súas compras con descontos como mínimo dun  20% nuns 30 establecementos.

Poderanse gozar das seguintes actividades (algunhas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía):

-Ás 12:00 h. unha contacontos na Biblioteca Municipal (Rúa Lustres Rivas) “Contos que deixan pegada” a cargo de Pavís Pavós, para nenos/a<sent\>s de 3 a 12 anos, aberto, libre e gratuíto.

-Entre as 14:00 h. e as 19:00 h. concertos na Praza de Ventos Vellos e Recoveira (Rúa Alcala Galiano)

-Ás 20:00 h. Masterclass con Zumba Barbanza en Rúa Peonil.

-Desde as 19:00h, pallasos e charanga animando as rúas de Riveira.

-Haberá degustacións, agasallos, cóckteles e moito máis, nos comercios participantes.

Unha das novidades máis importantes deste ano é que colabora connosco AGADEA, o Centro de Día de Alzheimer de Riveira, na elaboración da decoración identificativa dos comercios. Van facer unhas macetas e flores en papel de seda.

11 de xuño de 2015 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.