Moira e Hachi gañan nos concursos de axilidade e beleza canina da Semana Verde

Os dous exemplares caninos gañadores
A 38ª FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA, a cal pecha hoxe as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu esta mañá no seu programa canino o XII Concurso Nacional Canino, unha proba de beleza con gran atractivo para o público organizada pola Sociedade Canina Galega, e tamén o II Open Agility – I Copa Galicia, centrado na axilidade canina e conducido pola Federación Galega de Caza.
En canto ao XII Concurso Nacional Canino Feira Internacional Abanca Semana Verde, o vencedor foi un exemplar de raza swergpincher, do Afijo Bim Bom Bam, de Abegondo, quedando en segundo posto un labrador retriever, do Afijo Vikingos do Ulla, de A Coruña. O terceiro lugar foi para un pastor alemán da comarca do Deza.
Nesta competición participaron cerca de 200 cans de numerosas razas procedentes das catro provincias galegas.
Por outra banda, no II Open Agility Abanca Semana Verde – I Copa Galicia, na categoría Estándar venceu Moira, propiedade de Alba Alonso, do Club Compostela, mentres que na categoría Midi-Mini o primeiro posto foi para Hachi, propiedade de Carlos Souto, do Club Teocan, de Teo. A esta proba concorreron un total de 130 exemplares.
II Feira de Cans de Caza
A II Feira de Caza, Pesca e Natureza, FECAP ABANCA 2015, a cal se celebra de forma paralela á 38ª ABANCA SEMANA VERDE, contou tamén esta mañá cunha competición canina, neste caso enmarcada na II Feira de Cans de Caza, na cal participaron 300 exemplares de distintos puntos de Galicia.
Os cans participantes foron xulgados en base a criterios raciais e morfolóxicos, acadando o galardón de “Mellora Can” un exemplar de raza beagle propiedade de Antonio Albes. Tamén se entregaron premios á “Mellor Gaiola”, “Mellor Camada”, “Mellor Lote” e “Mellor Lote de Caza Maior”.











