Medio Ambiente destaca a utilidade para desenvolver actividades didácticas sobre a pesca no lago do recinto da Semana Verde en Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Verónica Tellado na Semana Verde de Silleda

Verónica Tellado na Semana Verde de Silleda

A directora xeral Conservación da Natureza, Verónica Tellado, participou hoxe nunha das actividades de educación ambiental no recinto feiral de Silleda con motivo da II Feira de Caza, Pesca e Natureza. Durante a súa visita, Tellado destacou a importancia do lago situado no recinto da Semana Verde de Silleda como dinamizador de actividades didácticas relacionadas coa pesca.

A lagoa foi recuperada pola Dirección Xeral da Conservación da Natureza e nela se soltaron peixes para que todos os afeccionados poidan practicar a pesca sen morte

Verónica Tellado acudiu a unha exhibición de lance no lago da Feira Internacional da Semana Verde, unha das actividades que se están a celebrar desde onte, día 11 e rematarán o vindeiro domingo 14 de xuño, das cales os nenos son os principais destinatarios.

Este lago acollerá durante todo o ano actividades como terapias para colectivos da terceira idade ou persoas con discapacidades psíquicas e adestramentos para concursos e campionatos. Cómpre recordar que esta lagoa recibiu melloras da man da Dirección Xeral da Conservación da Natureza que consistiron na colocación de vallas, no acondicionamento da carballeira, na recuperación da súa zona perimetral ou na solta de peixes para que todos os afeccionados poidan practicar a pesca sen morte.

A lagoa da Feira Internacional de Galicia conta cunha superficie de 1.615 m², un perímetro de 200 m² e unha profundidade máxima de 2 metros, mentres que a súa capacidade supera os 3,5 millóns de litros de auga

12 de xuño de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.