Máis de 300 remeiros participarán en augas de Coroso na Primeira Bandeira de Traíñas Concello de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaRiveira
A-
A+

Este domingo 14 de xuño vai ter lugar en augas de Coroso a Primeira Bandeira de Traíñas Concello de Riveira: regata de pretempada con participación de equipos pertencentes á Liga Galega de Traíñas que non se puido disputar o pasado mes de marzo por mor do mal tempo.

O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez e Jonathan Fernández, representante do organizador Escosport, explicaron os detalles desta competición, na que participarán máis de 300 remeiros e 18 embarcacións de toda Galicia: 15 en categoría masculina e 3 en feminina.

As femias serán as primeiras en remar, ás 11 horas, en tanto que a partir das 11.30 horas terá lugar a modalidade masculina, primeiro cos disputantes da Liga Galega de Traíñas B (con dúas quendas de catro equipos cada unha, con dúas lanzadas cada dous minutos) e despois cos membros da liga A (co mesmo protocolo).

A modo de complemento crearase unha pequena festa gastronómica no entorno de Coroso. 

Entre os participantes haberá tres equipos de Barbanza: o feminino de Cabo de Cruz e os masculinos de Club de Remo Rianxo e Club de Remo Puebla.

Tanto Jonathan Fernández como Juan Luis Martínez animaron á xente a contemplar esta vistosa proba que sigue consolidando a práctica de deportes náuticos no noso municipio.

 

10 de xuño de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.