Javier Rodríguez logra o seu primeiro ouro nos WPFG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Javier Rodríguez no podio

Javier Rodríguez no podio

O Concello do Porriño segue con moita ilusión ao funcionario municipal porriñés que está deixando o nome do noso municipio no máis alto da competición internacional; e é que o policía local Francisco Javier Rodríguez xa conseguiu o seu primeiro ouro en terras estadounidenses.

Facíao o pasado sábado, nunha proba de Sprints desenvolvida nunha recta de 600 m, na que tras tres tandas de 12 participantes, clasificaríanse outros doce para correr outras tantas novamente, das que consegue o triunfo quen máis puntuación obtén, neste caso Javier foi o gañador indiscutible.

Pero con todo o entusiasmo de seguir pelexando, chegoulle a hora de meterse en augas abertas, foi este domingo no “Lake Aboudon” onde percorreu nadando 3.500 m nun tempo de 56 minutos, quedándose a 4 minutos do bronce, pero obtendo un magnífico cuarto posto para ser o seu debut nesta proba e medíndose a nadadores de moitísimo nivel provintes de países con moita tradición neste tipo de probas como os americanos, rusos, brasileiros, alemáns ou australianos.

E Javier seguirá pelexando por colgarse algunha medalla máis ó pescozo, a súa seguinte proba será este mércores 1 de xullo día no que volverá ó auga, neste caso serán 1.500 m na piscina do “Aquatic Center” na “George Mason University”.

 

29 de xuño de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.