Finaliza o curso da aula galega de saxofón en Riveira
Un novo curso da Aula Galega de Saxofón rematou o pasado domingo cunha pequena actuación no palco de pedra do Malecón e outros concertos e actividades. Unha media de 16 alumnos asistiron no período outubro 2014 a xuño 2015 a esta actividade que dende xa fai 7 anos se organiza dende o Conservatorio Municipal.
Conta dende o seu comezo co mestre saxofonista galego afincado en Palma de Mallorca Rodrigo Vila como profesor invitado e, ademáis, neste último encontro puidemos contar coa pianista Yuko Mizutani para acompañar nos concertos do venres 26 e sábado 27 aos alumnos.
Luthier
Tamén estivo en Riveira o luthier Ángel Martínez, o cal impartiu unha conferencia e fixo pequenos arranxos nos instrumentos dos alumnos.











