Escolares do CEIP Ramón de Valenzuela participan nunha sesión de golf

Práctica de golf dos escolares
Alumnos/as do CEIP Ramón de Valenzuela participaron hoxe na sesión de Golf na Escola, na cancha de prácticas de golf rústico de Silleda. En total foron 4 grupos deste centro os que asistiron as sesións impartidas polo mestre e xogador profesional Javier Ibarra. A concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, tamén se achegou ata o recinto onde tamén estiveron en días pasados alumnos do IES Colmeiro e do Colexio María Inmaculada.
Con iniciativas como esta, en virtude do convenio asinado coa Federación Galega, búscase promocionar esta modalidade deportiva –que xa conta cunha Escola Municipal en Silleda- entre o público máis novo.











